Rexistro de Buques Pesqueiros 2011



ANEXO I: Zonas de produción


Orde do 6 de abril de 2004 pola que se regulan os procedementos de expedición, renovación, traslado e transmisión dos permisos de explotación para embarcacións

Zona I. Vigo. Desde o paralelo que pasa pola desembocadura do río Miño ata o paralelo que pasa por Punta Soavela.
Zona II. Pontevedra. Desde o paralelo que pasa por Punta Soavela ata o paralelo que pasa por Punta Faxilda.
Zona III. Arousa. Desde o paralelo que pasa por Punta Faxilda ata o paralelo que pasa por Punta Sieira.
Zona IV. Muros. Desde o paralelo que pasa por Punta Sieira ata o paralelo que pasa por Punta Insua.
Zona V. Fisterra. Desde o paralelo que pasa por Punta Insua ata o paralelo que pasa por Cabo Touriñán.
Zona VI. Costa da Morte. Desde o paralelo que pasa por Cabo Touriñán ata o meridiano que pasa por Punta Langosteira.
Zona VII. A Coruña-Ferrol. Desde o meridiano que pasa por Punta Langosteira ata o meridiano que pasa por Cabo Prioriño.
Zona VIII. Cedeira. Desde o meridiano que pasa por Cabo Prioriño ata o meridiano que pasa por Cabo de Bares.
Zona IX. Mariña lucense. Desde o meridiano que pasa por Cabo de Bares ata o río Eo.